O IES Cosme López participa na English Week 2017

17 noviembre, 2017
O IES Cosme López participa na English Week 2017
Publicidad

Os alumnos de 4º de ESO do IES Cosme López Rodríguez, da Rúa, participan, entre o 19 e o 25 de novembro, nunha actividade de Inmersión en lingua inglesa, logo de ser seleccionados entre numerosos centros solicitantes. O curso, incluído no Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, realizarase en réxime de internado, nas instalacións do Centro de Inmersión Lingüística de Inglés, de Os Peares.

As actividades, de carácter gratuito para os alumnos, inclúen, ademais dos gastos de docencia e material escolar, a manutención, o aloxamento e as actividades culturais, deportivas e complementarias do curso, así como os monitores de grupo e os profesores nativos.
O obxectivo principal desta tarefa de formación é que os alumnos practiquen a destreza oral dos coñecementos adquiridos en lingua inglesa, a través de actividades non só de naturaleza académica, senón tamén cultural, de tempo libre e obradoiros, promovendo a convivencia e a motivación pola comunicación en inglés, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

También te puede interesar