Hoxe volve abrir a Estación de Esquí de Manzaneda

24 marzo, 2017
Hoxe volve abrir a Estación de Esquí de Manzaneda
Publicidad

O frío e as intensas nevadas primaverais traen boas novas para os amantes dos deportes de inverno. A Estación de Esquí de Manzaneda reabre hoxe as súas portas con 7,5 kilómetros esquiables, tres remontes dispoñibles -o telesilla Manzaneda e os telesquís Xeixo e Fontefría- e un total de 11 pistas abertas: Xeixo, Charrelas, Fontefría, Das Antenas, Xabarín, Regato, Paso Perdices, Cuchara, Lusitania, Barbeirón y Do Río. En caso de que as condicións meteorolóxicas permitan abrir algunha outra pista informarase a través das redes sociais da estación ou da súa web.

“Nosotros encantados de que haya nevado, lo que nevó el martes se fue el propio martes, pero estuvo nevando todo el día de ayer y eso ha hecho que hoy estemos trabajando en todas las pistas y podemos asegurar la apertura de mañana”, explicaba onte Gustavo Samartín, xerente de Meisa.

A neve de primavera é unha neve máis húmida que a invernal, tratase dunha neve tipo polvo e conta cuns 10 o 30 centímetros de espesor. Pero as xeadas nocturnas favorecen a que a neve se asente. “La verdad es que ha nevado bastante bien, más de lo que pensábamos para estas fechas, entonces somos optimistas para que aguante unos días”, sinala Samartín.

As previsións para os próximos días auguran nevadas de novo, pero cunha situación meteorolóxica inestable, con chuvascos intermitentes e neve por encima dos 800 metros. As mínimas subirán cautelarmente a partires do sábado.

Os accesos a Cabeza de Manzaneda non rexistran ningún inconvinte e tanto o quitaneves da deputación como o camión cuña da propia estación traballan para asegurar o bo estado das estradas. Por precaución recoméndase levar as cadeas no vehículo por se fose necesario utilizalas.

Por outra banda, a Estación de Esquí segue pendente da evolución do proxecto de innivación que permitirá que a próxima temporada sexa máis estable a través dos sistemas xeradores de neve artificial. Este programa ten que pasar tres fases: a administrativa, que está a piques de concluír, a técnica e a económica, da que sairá o adxudicatario do proxecto. “Queremos que salga cuanto antes para que se haga realidad un proyecto que queremos desde hace mucho tiempo”, así lo aseguró el gerente de Meisa.

 

 

 

También te puede interesar