Gudiña afirma que o asfaltado da OU-603 soluciona os problemas de seguridade

26 julio, 2018
Gudiña afirma que o asfaltado da OU-603 soluciona os problemas de seguridade

El alcalde de A Rúa, Luis Fernández Gudiña, considera que las obras de asfaltado que la Consellería de Infraestruturas e Vivenda está levando a cabo na OU-603 ao seu paso polo corazón da Rúa, «non contemplan unha situación ideal pero polo menos solucionan os problemas de seguridade para os conductores que levábamos moitos anos padecendo». Explica Gudiña que non pode calificar a obra de «chapuza», como xa o fixo a teniente alcaldesa nacionalista de A Rúa, María González Albert, e á que se uniu a voz de Miguel Bautista, alcalde de Petín, encamiñadas ambas crítica na mesma dirección.

Para o alcalde rués, «se ten feito o acordado ca Concellería e coa empresa», dado que a finais do ano pasado o rexidor mantiña «unha reunión coa Xefa Territorial para poñer remedio a un problema do que levabamos anos queixándonos». Nesa reunión, coñeceu o alcalde «un proxecto en marcha para arranxar as zonas de rodamiento da calzada, ao que A Rúa apuntábase». «Naquel momento» advertía o rexedor, «xa lle apuntei a necesidade de facelo dunha maneira completa, incluindo as zonas de aparcamiento porque era unha obra que se facía dentro do núcleo urbano».

A esta suxerencia non obtivo resposta ata que as obras comezaron e «polo que estamos vendo agora, non se puido levar a cabo». Sí obtiña, non obstante, o rexedor rués, o compromiso de «mellorar aqueles aspectos da obra que eran mellorables así conseguiuse o entronque cas calles perpendiculares á OU-603».

A teniente alcaldesa da Rúa advertía da presenza de ocos na travesía e noutros puntos do asfaltado que Gudiña xustifica coma «señalizacións de arquetas que están tapadas e que unha vez que remate a obra teremos que levantar e colocalos no seu sitio». Expresa o rexidor que a maior parte deles «sitúanse nas zonas de entronque que lles pedimos que asfaltaran, co compromiso de que sería o propio concello o que as levantase para poñerlas ao nivel do asfaltado».

También te puede interesar