Gargallada Teatro estrea «O Xogo de Versalles»

5 junio, 2018
Gargallada Teatro estrea «O Xogo de Versalles»
Publicidad

Por partida dobre, o grupo Gargallada Teatro estreará nova comedia. A primeira cita será este venres día 8 de xuño ás 21:00 horas, con repetición o seguinte venres, o día 15 de xuño, no Teatro Lauro Olmo de O Barco. O Xogo de Versalles é unha adaptación da obra de Chema Cardeña El idiota de Versalles que dirixiron Tito Asorey e Manuel Caramés.

Na súa faceta coma director de obra, Caramés conta que «o espectador poderá vivir cos personaxes todo tipo de argucias, intrigas, segredos non confesados, xente de todo tipo que quere poñer as cartas boca arriba e o único que quere é poñer o cú na corte». Representando aos personaxes que dan forma a esta obra, entrarán en escea Reyes Limia, Lalo Santos, Aurora Fernández e Manuel González, o mesmo elenco que, xunto con Caramés, presentou a comedia «Fuga» de Jordi Galcerán, todo un éxito nas 30 represencións que levan ralizado ata o momento, tendo en conta que Gargallada é un grupo afeccionado. Así o corroboran os diversos premios acadados en festivais e concursos de toda España.

Salienta ademáis Caramés, a axuda obtida na producción de son, da man dos profesionais de Ton y Son, e a confección do vestiario que foi realizado, «con moita ilusión e interese», polas profesionais de Mayayo.

Ademáis da venda anticipada en Ton y Son, as entradas estarán a disposición do público no teatro barquense unha hora antes de cada función.

También te puede interesar