Gabriel Alén coñece de primeira man o estado e as necesidades da lousa

23 noviembre, 2020
Gabriel Alén coñece de primeira man o estado e as necesidades da lousa
Publicidad

O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou o Clúster da Pizarra

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo esta mañá unha reunión co presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo. O representante do Goberno galego achegouse á comarca para coñecer de primeira man o estado e as necesidades deste sector produtivo tan importante na provincia e en Galicia.

Acompañado da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen Gonzaléz, visitou as instalacións do Centro Tecnolóxico da Pizarra, onde o agardaban o presidente do Clúster da Pizarra, Victor Cobo, e representantes de empresas do sector. Durante máis de hora e media, e delegado territorial da Xunta escoitou os pareceres e suxestións deste colectivo empresarial e transmitiulle o aval e o apoio do Goberno galego ás novas iniciativas que teñen previsto de cara ao futuro e que fomenten o desenvolvemento dunha minería sostible.


Publicidad

Gabriel Alén, lembroulle os compromisos xa adquiridos con este sector polo presidente da Xunta na súa visita o pasado 14 de febreiro, e resaltou «o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación».

O delegado territorial salientou a importancia deste sector estratéxico para a comarca de Valdeorras, converténdose na principal fonte de actividade económica da zona. Así, a lousa dá emprego directo a preto de 2.500 traballadores e de maneira indirecta a arredor de 10.000 persoas, representando o 26% do produto interior bruto da comarca.

Nesta liña, Gabriel Alén lembrou que o 33% da produción mundial da lousa para cubertas procede da Comunidade galega, tendo como principais países destinatarios a Francia (101 millóns de euros) e ao Reino Unido (68 millóns de euros).

También te puede interesar