O futuro das estacións de tren de O Barco e A Rúa, agora, en mans de Renfe

9 febrero, 2017
O futuro das estacións de tren de O Barco e A Rúa, agora, en mans de Renfe

No seu recén estreado posto de senador, Avelino García Ferradal, ex concelleiro de A Rúa, afirmaba -tras coñecer os resultados da reunión mantida polo portavoz do Grupo Popular do Senado, José Manuel Barreiro, con Adif-, que Adif non cerrará as estacións de O Barco e A Rúa “baixo ningún concepto”, senón que se habilitará unha máquina expendedora de billetes, pero que “non afectará ao futuro dos trabajadores”.

O certo é que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias traspasou a xerencia da Área de Tráfico a Renfe, e será este o que determine as alternativas que se tomarán en canto á persoal propio e venda de billetes. Con todo, García Ferradal, asegura que ambas entidades “son da mesma casa” e que non pecharán as estacións.

Tras coñecer estas declaracións, a alcaldesa de A Rúa, María González Albert, informou de que, efectivamente, non será Adif quen cerre estes servizos, senón Renfe, xa que así o contemplan na súa polítcia de empresa. Albert admite que Renfe deu un paso atrás, pero que non será por moito tempo. Asegurou, tamén, que os traballadores non serán despedidos, senón reubicados nas estacións de Ponferrada ou Monforte, sen teren alí unha función concreta. Albert non acaba de comprender cómo “esta alternativa que toma Renfe lles parece máis útil que manter as nosas estacións en funcionamento”, e alegou tamén que “estamos fartos de ser a periferia da periferia”.

O Concello de A Rúa púxose en contacto con Renfe e Adif para aclarar a situación e pedir solucións, pero aínda están á espera de resposta.

Dende o grupo barquense, Riada Cidadá, manifestaron tamén o seu desacordo coas decisións de Adif e Renfe e instan a Xunta para que apoie aos concellos afectados: “Non serve que a Xunta de Galicia só teña ollos para o AVE, e que os galegos e galegas do interior queden ao marxe dunha política de transporte racional e artelladora do territorio”.

Os Concellos de O Barco e A Rúa convocan aos veciños a participar na concentración que terá lugar hoxe xoves 9 de febreiro ás 18:30 horas na estación de Renfe do Barco, para protestar contra a supresión de servizos nas estacións valdeorresas. Os veciños de A Rúa, ademais, sairán ás 18:24 no Regional Express, que chegará ao Barco ás 18:34, viaxe que reivindica de novo os dereitos das localidades rurais a contar cun transporte ferroviario de calidade. Espérase que esta viaxe a emprendan preto de 200 persoas. Unha vez en O Barco, haberá catro autobuses dispoñibles para que os veciños poidan regresar á Rúa.

También te puede interesar