Freixido celebrou un xantar popular como antesala á festividade de san Xosé

17 marzo, 2019

Publicidad

Máis de cen persoas reuníronse en Freixido para dar o pistoletazo de saída a primeira festa do ano na Comarca

O San Xosé marca o inicio da tempada de festas na comarca de Valdeorras. Os veciños de Freixido comezaron hoxe a festa na honra do santo reunindo en torno a un xantar popular a máis dun cento de veciños e xente achegada de toda a contorna. O menú estivo composto por entremeses variados: chourizo, salchichón, queixo ou xamón, para ir facendo boca. Logo churrasco coa súa carne grellada, chourizo e panceta. De sobremesa doce e para rematar café e licores.

O luns continúa a festa co baile e verbena a cargo do grupo Ritmo. O martes día do santo, xa de mañá alborada co grupo de gaitas Airiños da Portela que acompañarán coa súa música a procesión. Despois da misa sesión vermú co grupo ritmo que tamén amenizarán o baile da tarde.

Non faltarán os xogos populares, o campionato de tute e os fogos de artificio. Como reza no cartel anunciadora da festa: «A comer, bailar e gozar que o mundo aquí vaise quedar».

También te puede interesar