Fotografía, ioga, música ou ler son algunhas actividades do colexio do Bolo

26 octubre, 2019 ACTUALIDAD , AUDIO , VÍDEO

Dezaseis nenos e nenas de diferente puntos do municipio como Chandoiro, Celeirós, Valbuxán, Lentellais ou Celavente forman parte desta comunidade educativa

Cando chegamos ó colexio do Bolo paramos na planta baixa onde os máis pequenos estaban ensaiando o baile para Samaín. Alí estaba Ánxela, Lucia, Eric, Erica, Enma, Sara e Javito. En total no centro educativo son 16 nenos e 3 mestres: Simón, Paula e Fina que ademais é a directora. Se queres ver o que estaban facendo, mira o seguinte vídeo:

Os nenos de infantil do Bolo, en canto entran na clase o primeiro que fan é unha asemblea onde «aprenden», segundo nos contou Anxela, os días da semana, poñer a data, ou ver o tempo que fai. O encargado sigue informando Ánxela é o axudante do «profe»,  e ademais das tarefas anteriores reparte os lápises e libros, di as asignatura que hai e as actividades que van escoller. Neste senso poden optar por ioga, fotografía, pintar con pinceis ou ler. Convivencias con outros colexios como o da Veiga son outras das actividades deste colexio.

Das actividades que van facer en Samaín falounos  Lucía, quen nos contou que para esa data haberá unha actuación, comerán galletas de araña e decorarán cabazas. Tamén se disfrazarán, e Lucía por exemplo irá de pantasma.

Eric o máis pequerrichiño non nos falou, ao micro pero si lle dixo a Simón como facían os animais e que podedes ver no seguinte vídeo:

Sara levounos a un recuncho especial onde xogan as casiñas e a cociñar, teñen un espello onde se remiran cada vez que  visten un disfraz dos moitos que hai nunha caixa grande. A Erica gústalle xogar cunhas monecas de pelo de verdade e zapatos pequenos mentres a Javito o que prefire sobre todas as cousas é tocar. Pertence a Banda que hai no Bolo onde toca o tamboril.

Enma non quixo falar pero, participou na canción de Joan Manuel Serrat que cantaron todos e que podedes ver e escoitar no seguinte vídeo:

Deixamos ós pequenos na planta baixa e subimos o primeiro piso onde agardaban Antón, IKer  e Aroa de Chandoiro, Fernando de Lentellais,  Elías de Celavente, Hugo  de Celeirós e  Martín  de Valbuxán.  Son nenos de 4º, 5º e 6º de primaría que teñen en común polo menos dúas cousas, a primeira que se erguen moi cediño para chegar a tempo o centro educativo. E, a segunda e máis importante, que prefiren estar no colexio do Bolo antes que en ningún outro porque hai menos xente, pásano moi ben e xogan moito.

Se queres escoitar o programa emitido o pasado mércores en Radio Valdeorras Onda Cero en Menuda Tropa, preme na seguinte ligazón:

También te puede interesar