Fontei celebrou o San Andrés, a feira do ano

1 diciembre, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD

O 30 de novembro celebrouse en Fontei o día de San Andrés, con misa e procesión na honra do santo. Unha charanga acompañou ao santo, mentres nas rúas se celebraba a feira do ano

San Andrés portado por parroquiais á saída da igrexa

San Andrés portado por parroquiais á saída da igrexa

As 12:00 horas repicaban as campás anunciando a misa e posterior procesión polas rúas de Fontei. Saía a imaxe portada por homes desde o adro da igrexa pola rúa A Fonte, pasando polo barrio do Santo, onde se atopa a capela do mesmo nome e da que San Andrés foi copadrón, como nos contou Enrique Fernández Sotelo.

A procesión baixando por Enriqueta Ojea

A procesión baixando por Enriqueta Ojea

Baixada pola estreita rúa de Ramona Ojea, para deseguido tomar á da Cruz e logo a de San Andrés até desembocar na praza Enriqueta Casanova. Desde aí, e vendo xa a porta da igrexa os parroquiais enfilaron a rúa de Barreais para chegar de novo á igrexa onde se oficiou a misa.

Pola rúa San Andrés, en primeiro plano un dos Andrés máis coñecidos de Fontei

Pola rúa San Andrés, en primeiro plano un dos Andrés máis coñecidos de Fontei

Esta festa como nos dixo Sotelo, «é unha das máis antigas da Rúa, hai documentos que xa falan dela no século XVII». Y é que, Enrique é un grande estudoso das tradicións e da historia, sobre todo da que se refire ao seu Fontei natal.

De volta no adro da igrexa

De volta no adro da igrexa

San Andrés tamén é a data de celebración da feira do ano do municipio, aínda que hoxe non ten a mesma importancia que hai tempo. Segundo Sotelo, era unha feira de gando moi importante e poderíase comparar co San Martiño en Ourense, xa que era o pistoletazo de saída para as matanzas. «Os que non criaban cochos ían esta feira a mercalos», aclara Sotelo.

A imaxe dentro da igrexa mentres se celebra a homilía

A imaxe dentro da igrexa mentres se celebra a homilía

Tamén había baile que, se non chovía, era o aire libre e á noite trasladábase ao bar dos Dous Vellos —fronte o concello actual e antiga praza de abastos—.

También te puede interesar