O Fluvial Barco conquista a prata no Campionato Galego de Velocidade

10 agosto, 2020

José Julián Becerro e Miguel Fernández Castañón colleitaron a segunda praza na categoría de K2 1000m

Os piragüistas José Julián Becerro e Miguel Fernández Castañón, do Club Fluvial O Barco, lograron a medalla de prata na categoría de K2 1000m no Campionato Galego de Velocidade. A proba disputouse esta fin de semana en Verducido, Pontevedra. Tamén foi satisfactoria a clasificación á final de Miguel Fernández, José Julian Becerro, Jesús Rodríguez e Marcos González na categoría de K4 500m. Acadaron a sétima posición nunha competición da que o presidente do club, Rubén Ordoño, di que “hai moito nivel”.

Publicidad

Sobre as medidas de seguridade que se están a tomar nas competicións, Ordoño comenta que «están moi logradas». «Vese que é bastante complicado o contaxio, porque hai moita separación», engade. Para adestrar asegura que non teñen problema. Fóra da auga toman as medidas habituais, con máscara e desinfectando as piraguas compartidas. Dentro da auga “xa non tes o risco”, afirma.

Ordoño tamén expresa o sentir do club pola suspensión do Descenso do Sil por mor da situación sanitaria. «A verdade é que é unha baixa importante», laméntase, xa que «polo sentimento que nos produce esta regata, pois é moi importante para nós».

O Club Fluvial O Barco competirá esta vindeira fin de semana en Tui, e Ordoño móstrase optimista sobre traer outro mérito a Valdeorras. «Esperamos lograr algunha medalla alí», di.

También te puede interesar