Asinado o convenio para as axudas para desbroces de fincas

9 agosto, 2018 ACTUALIDAD , CONCELLOS
Asinado o convenio para as axudas para desbroces de fincas

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o presidente da Fegamp, Alfredo García e o presidente da empresa pública Seaga, Pablo Arbones, firmaron na mañá do 9 de agosto  o convenio de limpeza de franxas secundarias que regulará a colaboración entre as tres administracións para a prevención de incendios.

O que se pretende con este convenio é que os veciños podan ter axudas para desbrozar as faixas secundarias tal como se lles obriga. De non facelo, será a administración a que o realice. Quen, ademais de cobrar os traballos feitos por Seaga imporá o que non cumpra a norma unha sanción económica. Trátase de facer máis levadeiras estas labores economicamente falando. O prezo de desbroce por HA será de 350€. Terán prioridade aqueles terreos que teñán maior risco de incendio.

Ademais subliñou Alfredo García en conversa en « Valdeorras en la Onda», que isto ate xerará riqueza a economía local, xa que a empresa pública terá que subcontratar traballos por mor da grande cantidade de solicitudes que se prevén.

«A sinatura deste convenio é un paso adiante para cumprir o obxectivo de que os núcleos de poboación estean protexidos en caso de incendio»,  asegurou García. Tamén aclarou, «aínda que pode resolver o tema da seguridade este convenio non acabará cos incendios xa que iso pasaría como dicimos de forma insistente desde a Fegamp por que se ordene o territorio, se poña en valor e se faciliten os medios legais que se estimen de conveniencia».

Os criterios de actuación para executar as labores necesarias de desbroce van estar asentados sobre criterios obxectivos que van ser determinados polo risco de incendios nos últimos anos, alta actividade incendiaria, afectación do vento nordés, etc. e as labores serán realizadas pola empresa pública Seaga.

Este convenio é unha medida que resolverá a seguridade nos núcleos rurais, non resolverá os incendios xa que estes só diminuirán na medida na que se regule o acceso ao terreo de todas aquelas persoas ou empresas que queiran poñer en funcionamento explotacións no territorio: “neste sentido é gratificante observar como nas conclusións de comisión de incendios do parlamento aparece o que vimos dicindo reiteradamente na FEGAMP como é a idea de crear polígonos agrarios ou forestais que permitirán a dispoñibilidade de terreos para as iniciativas que podan xurdir”.

Tras a publicación no DOG, os concellos terán un mes para adherirse voluntariamente ao mesmo e así poder acceder ao financiamento previsto que en concreto serán 28,5 millóns de euros en 4 anos.

También te puede interesar