Fin de curso con teatro, baile e cancións no Julio Gurriarán

21 junio, 2018 ACTUALIDAD , GALERÍAS , VÍDEO

Os alumnos do colexio barquense Julio Gurriarán celebraron o remate do curso co festival «A Túa Cara non me Sona». Bailes de cancións coñecidas e pequenos teatros foi co que amenizaron o acto os rapaces de segundo a sexto curso.

Miguel e Sara presentando o festival

Miguel e Sara presentando o festival

Miguel e Sara foron os presentadores que abriron o festival adicado a dous profesores —Ángeles e Manolo— que se xubilaron.

Os primeiros en subirse ao escenario foron os nenos de 4º A cun pequeno teatriño de monicreques titulado «O pirata Barbarroja»,  no que os piratas eran culleres de pau vestidas para a ocasión.

nenos de 4º A antes de subir ao escenario

Mentres os de  4º B tamén se decantaron pola épica, aínda que neste caso con moito “glamour”, xa que un grupo de nenas moi estiradas interpretaron «Las Presumidas», os de 2º realizaron un baile  acrosport combinado coa coreografía do tema «Love».

Seguro que foron as máis presumidas do día

Entre medias, Iker Cruz de 3º recolleu o premio do IX certame «Deseña unha xoia para a túa na», no que quedou finalista. Ademais a directora, María Luz Moldes, recolleu, de mans dos nenos 3º e 4º, o banderín e balón de fútbol firmado polo árbitro de 1ª División Nacional  — José Ignacio Iglesias Villanueva—  nas xornadas de fútbol inclusivo realizadas na Estrada.

Un día na aula interpretada polos rapaces de 6º

Os máis activos foron os alumnos de 6º curso que ademais de interpretar a obra de teatro «Un día na Aula», tamén cantaron e bailaron. Fátima agasallou aos presentes coa súa voz, cun tema de Malú, «Blanco y Negro». Logo viñeron bailes como «La Macarena» de Los del Río, «La Bicicleta» de ShaKira y Carlos Vives,  «Hasta que se seque el Malecón» de Jacob Forever ou «Thriller» de Michael Jackson.

Unha xornada na que os alumnos de sexto despedíronse do colexio e na que pais, profesores e rapaces pasaron un bo rato divertíronse xuntos.

No seguinte vídeo recorremos o patio de butacas para que podades observar o ben que o pasaron.

Os nenos de 2º realizando o baile acrosport combinado coa coreografía da canción Love.

Fátima interpretando a canción de Malú «Blanco y Negro».

«Hasta que se seque el Malecón» de Jacob Forever interpetrado por dos alumnos de 6º.

Cuatro alumnos de 6º, do CEIP Julio Gurriarán do Barco, bailando a canción «Thriller» de Michael Jackson.

También te puede interesar