Festa da Famila na residencia do Bolo

27 julio, 2019
Festa da Famila na residencia do Bolo

É o cuarto ano que se realiza co gallo de reunir a familiares e residentes

A residencia de anciáns do Bolo celebra por cuarto ano a súa Festa da Familia. Os residentes acompañados polas súas familias interpretarán unha obra de teatro, cantarán cancións tradicionais, farán bailes e até tocarán o violín, as gaitas ou os clarinetes. O evento terá lugar o martes, 30 de xullo a partires das 16:00 horas.


Publicidad

A canción «Si me voy» estará interpretada por Alba, Alicia, Julia e Sara. Mayte recitará un poema de Yosso. O Baile contemporaneo estará realizado por Alicia e Rebeca. Un grupo de anciáns da residencia cantará as cancións populares galegas, mentres María Elena farao en solitario. Tamén haberá conurso de baile con premio para a parella gañadora.



Ademais da actuación dos residentes o  Club Patatero , Abertal, e a charanga Os Amigos de Solveira de Viana, tamén actuarán para os maiores e os seus familiares. Por último e para rematar a Festa da Familia, a fundación San Rosendo —a quen pertence o centro de maiores do Bolo—, convidará a todos a unha merenda na cal dous cortadores de xamón profesionais encargaránse de que ninguén quede con fame.


Publicidad

También te puede interesar