A Feria do Viño xa ten cartel anunciador

16 junio, 2017 ACTUALIDAD , EMPRESA
A Feria do Viño xa ten cartel anunciador

A XX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza da Viloira (no Barco) os vindeiros 15 e 16 de xullo, xa ten cartel ilustrador. Un xurado conformado por diferentes profesionais e presidido pola secretaria xerente do Consello Regulador, Alda Pérez, foi o encargado de elixir a proposta gañadora, da que é autor Víctor Miranda, de 39 anos e natural do Barco de Valdeorras.

A idea gráfica do cartel seleccionado outorga total protagonismo ao godello. Así, una copa medio chea de viño branco sobresae de entre unha botella silueteada sobre fondo negro. O autor da proposta gañadora, que traballa  no ámbito do marketing e da publicidade, recibirá un premio de 600 euros. Un total de 50 traballos diferentes presentáronse ao concurso, unha cifra moi superior á de anos anteriores.

 Membros do xurado

Xunto á secretaria xerente do Consello Regulador, conformaron o xurado a xornalista María Fernández, de Onda Cero Valdeorras e SomosComarca; o tamén xornalista e responsable de comunicación do Consello Regulador, Felipe Vieira; o profesor Gabino Fariñas e un representante da cabeceira O Sil.

 

También te puede interesar