Extinguido o incendio da parroquia de Cernado (Manzaneda)

22 febrero, 2019 ACTUALIDAD , MANZANEDA
Extinguido o incendio da parroquia de Cernado (Manzaneda)

Segundo as estimacións feitas por Medio Rural, afectou unha superficie de 22,83 hectáreas de monte raso

Segundo informa a Consellería do Medio Rural o incendio forestal que se rexistrou hoxe, 22 de febreiro, no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado e que, finalmente, xa está extinguido. Chegou ás 22,83 hectáreas de monte raso, segundo as últimas medicións.



O lume iniciábase hoxe venres, ás 13:01 horas e quedaba extinguido ás 15:00 horas. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.



A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

También te puede interesar