Exposición fotográfica de máscaras na Veiga

1 agosto, 2018 A VEIGA , ACTUALIDAD , CONCELLOS
Exposición fotográfica de máscaras na Veiga

Co mes de agosto, O Concello da Veiga tráenos unha serie de actividades para disfrutar do veran neste municipio valdeorrés.

A mais sonada é a exposición fotográfica permanente todo o mes de agosto, titulada Un viaxe polo mundo da máscara” realizada pola fotógrafa sarriana Mercedes Vazquez Saavedra. Nesta mostra poderánse ver imaxes de todo Galicia e o norte de Portugal onde o protagonista é o Entroido e as súas máscaras. A Veiga estará presente co seu Charrelo nesta recopilación de mascaradas. O obxectivo desta actividade é recuperar a tradición e dala a coñecer.

A exposición estará aberta de luns a venres de 10h a 13h na Sala de Conferencias do Toural (A Veiga) e constará de 120 fotografías seleccionadas entre outras moitas que Mercedes leva realizando dende os anos 90.

Ademáis, dende hoxe, xa é posible visitar o centro de Interpretación ZEC Pena Trevinca, na aldea de Ponte. Nel pódese descubrir todo o que A Veiga ofrece aos seus visitantes: rutas nun entorno de natureza, patrimonio cultural, etnografía e costumes entre outras. O horario é de 10h a 13h de martes a domingo.

Outras actividades de interese esta semana son: Noite de Teatro Grupo Candea Viana hoxe día 1 e os días 4 e 5 a Gran Tirada de Tiro ao prato. E por si non fose pouco o día 9 deste mes serán as festas do Concello de A Veiga.

También te puede interesar