Teatro. Trives

12 abril, 2018
Teatro. Trives
Cuando:
20 abril, 2018 a las 20:30
2018-04-20T20:30:00+02:00
2018-04-20T20:45:00+02:00
Donde:
Auditorio Julio Vázquez, Trives
Precio:
3 euros
A obra de teatro Fuga, de Gargallada Teatro, será representada en Trives. Unha, xa asegurada, divertidísima tarde de teatro.
Dende a Concellería de Cultura a través da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), estase a elaborar unha programación co fin de fomentar as artes escénicas, música, … e achegar aos veciños e veciñas a posibilidade de disfrutar dunha oferta cultural variada, de calidade, accesible e para todos os públicos.
Desta volta chega ao Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives a “deliciosa e trepidante” comedia teatral FUGA (de Jordi Galcerán) do Grupo de Teatro Gargallada, que naceu fai arredor de 10 anos no Barco de Valdeorras.
Representada con grandes éxitos tanto en galego coma en castelán, FUGA xa foi nominada e galardoada en diferentes certames, sendo algúns deles dos máis recoñecidos dentro do mundo do teatro.
Conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista que, ademais, se deitaba coa súa muller, reciba a visita dunha vendedora
que lle cambia a vida. As aparicións en escea dun matón, unha prostituta e o pai da vendedora, desatan unha acción trepidante e chea de sorpresas que desembocará nun insesperado final.
A cita para ver esta obra de teatro é o vindeiro día 20 de abril, venres, ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez.
As entradas estarán á venta no Auditorio media hora antes de que dea comenzo a función.
Teñen un prezo de 3€