Teatro. O Barco

11 noviembre, 2019
Teatro. O Barco

Un espectáculo de formato grande coproducido por Pistacatro e o CDG, teatro e circo baseado na obra de Méndez Ferrín, dirixido por Quico Cadaval. O venres 15 de novembro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo.

O Circo da Casa Pequena presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde os seres queridos nunha guerra. Os sanguinarios veciños asasinan a Nai Loretta.

Vese só para iniciar um camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acróbatas, malabaristas excéntricos, escapistas, fakires, artistas e clowns.

Nmonadah debe superar as nove probas que o devolvan á súa casa pequena, terá que fuxir dos veciños, e enfrontarse ás adiviñas dos xigantes leberkholm, o cabaleiro da floresta, as damas adormecidas, o labirinto dos Grou, no mundo subterráneo, as caravanas dos homes sen nome, e os piratas do Calpurnia Abana.

Unha aventura na que non terá mais axuda que o amuleto Libredón e un castrón: Mestre Lionel.

Un circo no que os artistas en arriscadisimos xogos, poñen en perigo a súa propia memoria e identidade.

Unha lona de circo que é metáfora do mundo, coma sempre.

Unha conversa entre o mundo múltiple do imaxinario de Ferrín e o prodixioso mundo do circo de Pistacatro Fábrica de Soños, e o rol diplomático de Quico Cadaval, ordenando o tráfico.