Teatro. O Barco

8 octubre, 2019
Teatro. O Barco

Tres actores cans, ou tres cans actores, danlle vida a esta peza escrita e dirixida por Cándido Pazó para Talía Teatro. Un achegamento ao mundo do mellor amigo do home e as súas maneiras de ver a vida. No TLO o venres 11 de outubro ás 21 horas, unha obra apta para todos os públicos.

É a historia de Nemo, Nolo e Lupo, tres cans moi diferentes entre eles aos que lles toca compartir un recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo… pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados… pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos… pero liberdade.

Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa “canalidade”. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia