Presentación. Trives

10 septiembre, 2018
Presentación. Trives
Cuando:
14 septiembre, 2018 a las 19:30
2018-09-14T19:30:00+02:00
2018-09-14T19:45:00+02:00
Donde:
Auditorio Julio Vázquez
A Pobra de Trives
Ourense
España

O vindeiro 14 de setembro, venres, ás 19:30h. no Auditorio Julio Vázquez preséntase a obra dun descoñecido escritor trivés: “O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936)” do autor Emilio Xosé Ínsua.
Na presentación do volumeninterveñen:

Domingo Diéguez González, alcalde da Pobra de Trives, Xoán Carlos Domínguez Alberte, profesor de ensino público e escritor e Emilio Xosé Ínsua López, o propio autor do traballo.
Xoán Plá Zubiri, orixinario de Viveiro, tivo unha moi intensa relación vital, afectiva, familiar, profesional e creativa coa Pobra de Trives. Aprobou as oposicións arexistrador da propiedadee foidestinado á Pobra de Trives en 1905, onde pasou boa parte da súa visa, alí casou con Estrella Cortiñas e tiveron catro fillos. Froito disto é o testemuño da súa ata agora descoñecida e completa obra literaria que aquí se publica.
Neste traballo do profesor Emilio Xosé Ínsua, composto por dous extensos e completos volumes, dáse conta do conxunto da súa produción —moita directamente relacionada coas terras trivesas— e, ao tempo, rescátase unha ampla documentación do Trives de finais do século XIX e principios do século XX relativa á súa vida política, social e cultural.
Ao remate da presentación haberá venda e sinatura de exemplares polo autor.
Entrada de balde, ata completar aforo.