Bendilló
Décimo novena Mostra do Aceite de Quiroga o domingo 12 de maio no muiño e na capela do San Xoán da Farrapa (Bendilló).
A partir das 11:30 horas poñerase en funcionamento o muiño de Bendilló. Amenizará a mostra o grupo de gaitas O Recanto. Demostración da elaboración artesanal do aceite ao longo de toda a xornada.
Ás 12:00 horas comezará a cata dos aceites participantes na mostra, na capela da Farrapa.
Ás 12:45 horas actuacións das agrupacións locais: Grupo de Danza O Recanto e Grupo de Danza San Martiño.
Ás 14:30 horas o grupo de gaitas O Recanto ofrecerá unha actuación.
Haberá pulpo e churrasco para xantar, ademais dunha exposición e venda de produtos tradicionais da zona.