Festas do Cristo. O Barco

3 septiembre, 2019
Festas do Cristo. O Barco
Cuando:
15 septiembre, 2019 todo el día
2019-09-15T00:00:00+02:00
2019-09-16T00:00:00+02:00

Programa das Festas do Cristo para o día 15 de setembro.

Xornada de Orientación Copa Deputación
O Malecón
11:00 horas

I Descenso do Baixo Sil

O Barco – Vilamartín
12:00 horas
Regata amigable de piragüismo entre O Barco (Praia Fluvial de Viloira) e Vilamartín.

Os Monicreques de Kukas
Praza do Sagrado
12:00 horas
“Xan Perillán, compra queixo e compra pan” é un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o lecer e a diversión coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente. Forma parte do programa Cultura no Camiño da AGADIC/Xunta de Galicia e Concello do Barco.

Festa das Pandillas
Beira do río / O Malecón
12:00 horas
Sesión vermú e xuntanza de pandillas do Barco. Necesaria a inscrición previa das pandillas a través da web do concello ou na Casa da Cultura.

Los Íñigos
Beira do río / O Malecón
12:30 horas
Os Íñigos son un grupo do Barco que, desde o seu nacemento hai catro anos, non paran de tocar levantando ao público e gañando fans que cantan con eles e bailan ao ritmo das cancións de moda dos anos 60 e 70.

Fútbol
Campo de Calabagueiros
18:00 horas
Partido do Campionato de Liga de Terceira División: Centro de Deportes Barco – Unión Deportiva Somozas.

Parque de Xogos
Beira do río / O Malecón
De 17:00 a 20:000 horas
Inchables, xogos e tren para os máis pequenos da casa.

XXXIII Milla Urbana
OMalecón
18:00 horas
Proba nacional de atletismo nas categorías absolutas, masculina e feminina, e carreira popular para todas as idades.

O Grupo Limón
Orquestra Anacaona
Campo da Festa
21:00 horas – 1º pase
00:59 horas – 2º pase
O Grupo Limón nace en 2000 para ofrecer un espectáculo elegante e cercano ás diversas xeracións que conflúen nas nosas verbenas. Foi o grupo revelación nese ano, gañador dun premio especial no 2001 no “Luar” da RTVG pola orixinalidade e interpretación de cancións tradicionais de Galicia “a capela”.
Anacaona, a orquestra feminina máis emblemática de Cuba, había vinte anos que non se presentaba en España. Liderada por Georgia Aguirre, a agrupación está integrada por 14 mulleres formadas no sistema de educación artística de Cuba. A Anacaona é unha das míticas orquestras cubanas. Foi fundada por Concepción “Cachito” en 1930 e por ela pasaron cantantes como Omara Portuondo ou Celia Cruz. O seu repertorio está composto polo son, a  guaracha, o jazz, o bolero, a  cumbia e o merengue, entre outros.