Festas do Cristo. O Barco

3 septiembre, 2019
Festas do Cristo. O Barco
Cuando:
14 septiembre, 2019 todo el día
2019-09-14T00:00:00+02:00
2019-09-15T00:00:00+02:00

Día grande das Festas do Cristo en O Barco.

Día do Cristo

O Madrugón
Río Sil
08:00 horas
Tradicional baixada a nado do río Sil dende a Capitana ao Malecón. Premios para o 1º home, 1ª muller, familia máis numerosa e mellor disfraz. Chocolatada ao finalizar para todos os participantes.

Pasarrúas das Calantornias e os Cabezudos
Rúas do Barco
11:30 horas
O grupo de gaiteiros Os do Venres percorrerán as rúas e acompañarán as calantornias e os cabezudos.

Procesión e Misa do Cristo
Praza Maior
12:00
Procesión coa imaxe de Xesús Nazareno e a continuación misa solemne na súa honra

Banda de Música do Barco

Praza do Sagrado
13:30 horas
O tradicional concerto do día grande das festas será ofrecido pola Banda de Música do Barco dirixida por Manuel Prada.

I Descenso Turístico do Sil
Sobradelo – O Barco
16:00 horas

Tren Fluvial
Estación de tren do Barco
17:30 horas
Saída do tren fluvial (gratuíto) ata Sobradelo para animar o Descenso do Sil, acompañados do grupo Os do Venres.

LIII Descenso do Sil en Piragua
Sobradelo – O Barco
18:00 horas
Unha nova edición desta veterana e prestixiosa proba de piragüismo. Ás 20:30 horas no Malecón terá lugar o acto de entrega de premios.

Fútbol Sala
Pavillón de Calabagueiros
18:30 horas
Partido de liga Segunda Nacional B: Os Tres Cuñados F.S.- Ribeira de Piquín (Lugo)

Fútbol
Campiño de Viloira
A partir das 16:00 horas
Partidos de Infantís, cadetes e xuvenís CD Barco

Los Wavy Gravies
Hipbone Slim / Sir Bald

Praza Maior
20:00 horas
Los Wavy Gravies é un grupo galego de rock’n’roll, garaxe e surf rock.
Sir  Bald  Diddley (alias Hipbone  Slim) é un músico británico que leva 20 anos movéndose nas sombras, dedicando a súa vida aos sons do surf, o  garaxe, o  frat, o  RnB ou calquera outro pelame de  rock&roll onde prime a diversión. Liderou decenas de proxectos, ninguén sabe cantos con exactitude, pero aquí abaixo xa lle chamamos o Home das Mil Bandas (El Sótano / Radio3).

 

Orquestra New York
Campo da Festa
21:15 horas – 1º pase
2:59 horas – 2º pase

A New York conta cun elenco artístico de primeiro nivel, con músicos que acumulan unha notable experiencia e teñen xa un nome destacado na verbena galega, o que fai presaxiar que se situará en pouco tempo entre as orquestras punteiras de Galicia.

Fogos Artificiais
O Malecón
22:30 horas
Tradicional sesión de fogos artificiais sobre o río disparados pola Pirotecnia Penide

Dos Pájaros y un Trío
Campo da Festa
0:59 horas
Grupo de tributo a Serrat e Sabina formado por 12 músicos e cantantes que ofrecen un amplo percorrido polo repertorio destes dous grandes da música española.