Festas do Cristo. O Barco

10 septiembre, 2018
Festas do Cristo. O Barco
Cuando:
14 septiembre, 2018 todo el día
2018-09-14T00:00:00+02:00
2018-09-15T00:00:00+02:00

Segundo día das Festas do Cristo do Barco.

O día 14 é o día do Cristo, polo tanto festivo local no Concello do Barco.

Arrincará a mañá con tradicional “Madrugón” ás 8 da mañá na zona da “Capitana” do Malecón. Haberá premios para o 1º home, 1ª muller, familia máis numerosa e mellor disfraz.

11:00 “Los Pamplinas” Gaiteiros de Oficio farán o pasarrúas polas diferentes zonas do Barco acompañados das Calantornias.

12:00 Procesión e Santa Misa do Nazareno, na Praza Maior.

13:00 Concerto da Banda de Música do Barco, na praza do Sagrado.

16:00 I Campeonato de Petanca no Chao.

19:00 Actuación do Mago Lolo na praza do Sagrado.

21:00 1º pase da Orquestra Olympus no Campo da Festa.

22:30 Fogos Artificiais no Malecón.

00:59 2º pase da Orquestra Olympus no Campo da Festa.