Feira do libro. O Barco

14 mayo, 2018
Feira do libro. O Barco
Cuando:
19 mayo, 2018 a las 11:00 – 20:30
2018-05-19T11:00:00+02:00
2018-05-19T20:30:00+02:00
Donde:
Plaza Andrés de Prada
A Feira do Libro será o 19 e 20 de maio, os postos estarán ocupados polas librarías do Barco, Praxis e Murciego, a máis este ano recibimos ás librarías da Rúa, Lipor, e de Quiroga, Celia. estarán acompañadas polas asociacións de Valdeorras, Instituto de Estudios Valdeorreses, Vagalume, Cineclub Groucho Marx, Ateneo Republicano e Patrulla Felina.
As actividades do sábado serán as seguintes:  
-Conta-contos O Día da Terra Da man da actriz Francisca Fernández Neira.
Realizarase na beira do río Sil, e tralo conta-contos e a música faremos un sorteo entre os alumnos que participaron no Obradoiro Os Castiñeiros de Florencio, neste obradoiro cada clase realizou un traballo de creación poética que serán os que participen no sorteo e que ademais estarán expostos como parte do escenario desta festa de contos e música.
– Concerto Presentación do disco de Roberto Fernández, integrante dos grupos de Valdeorras Sr. Jingles e The Black Wings. Desta volta presenta un disco en solitario centrado na literatura galega e no que a literatura valdeorresa está presente cunha canción de Florencio Delgado Gurriarán.