Feira. A Veiga

3 diciembre, 2019
Feira. A Veiga

O Concello da Veiga celebra o 14 e 15 de decembro a primeira Feira das Montañas de Trevinca onde se presentará a primeira producción de Faba Loba e tamén se poderá degustar a prestixiosa mel das Montañas de Trevinca.

Organiza o Concello da Veiga coa colaboración da Deputación de Ourense e Inorde.

ACTIVIDADES

STANDS  PRODUTORES FABA LOBA E MEL DAS MONTAÑAS DE TREVINCA  E ESTABLECEMENTOS LOCAIS

SHOWCOOKING DE FABA LOBA E MEL DURANTE OS DÍAS DA FEIRA

INAUGURACIÓN DO NADAL ENXEBRE

CONFERENCIAS E CHARLAS SOBRE MEL, FABA E APROVEITAMENTO DOS RECURSOS NATURAIS

RUTA DE PINCHOS FABA LOBA DAS MONTAÑAS DE TREVINCA E MENÚS GASTRONÓMICOS

ACTUACIÓN XABIER DIAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

PROGRAMACIÓN E HORARIOS

SÁBADO 14 DE DECEMBRO

o sábado ás 12:00 inaugurarase a 1ª Feira das Montañas de Trevinca na praza do Pulpo da vila. Esa mesma hora comezará tamén, a primeira degustación de tapas das montañas de Trevinca nos establecementos hostaleiros da Veiga.

Para participar nesta degustación de tapas poderase adquirir un cartón, por un custe de 12 euros, que inclúe unha ración de cada tapa en cada un dos seis establecementos participantes, a consumición vai aparte. O cartón será válido desde as 12:00 horas do sábado até as 14:00 horas do domingo. Ademais regalarase unha cunca de barro por cartón.

Na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural catas e degustacións ó longo de todo o día. Ás 13:00 horas, showcooking de fabas lobas das Montañas de Trevinca, a cargo de Gerson Iglesias, cociñeiro no programa Come a Comarca da TVG,  degustación incluída. Ás 16:30 horas, cata de mel de Galicia impartida pola IXP Mel de Galicia. Posteriormente, ás 17:30 horas, de novo un showcooking a cargo de Gerson Iglesias sobre a mel das Montañas de Trevinca, tamén con degustación.

A guinda esta primeira xornada poraa Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre, cun concerto ás 19:00 horas na praza do Toural.

DOMINGO 15 DE DECEMBRO

O domingo 15 de decembro, as actividades comezarán ás 10.00 horas coa apertura dos preto 25 stands participantes. Ás 11:00 horas haberá un showcooking a cargo de Anxo, cociñeiro do Restaurante A Viuda de Trives, sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación. A continuación, ás 12:30 horas celebrarase unha charla sobre as Boas Prácticas Agrícola, impartida por técnicos do Inorde e ás 17.00 horas volverá Anxo cun showcooking cas Fabas Lobas das Montañas de Trevinca con degustación. As actividades de novo desenvolveranse na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. O peche da Feira será ás 18.00 horas. A inscrición nas actividades e a adquisición dos cartóns (dispoñibles ata o xoves) poderase realizar no Centro de Desenvolvemento Rural da Veiga ou a través do número de teléfono 603 71 96 73.