Exposición de Fotografía. Trives

16 diciembre, 2017
Exposición de Fotografía. Trives
Cuando:
16 enero, 2018 todo el día
2018-01-16T00:00:00+01:00
2018-01-17T00:00:00+01:00
Donde:
Sala de exposiciones, Santa Leonor
 

Dentro do Programa de Nadal do Concello da Pobra de Trives, este ano entre outras actividades, contamos cunha fermosa exposición fotográfica.

O Edificio Santa Leonor na súa sala de exposicións acolle neste nadal a Exposición “Simplemente Xente” de Carlos Temes. Esta será a primeira exposición de Temes en Trives. Este vindeiro venres, 22 de decembro ás 17h. será o acto de inauguración.

A Exposición poderase visitar ata o día 7 de xaneiro do 2018.

 

“SIMPLEMENTE XENTE”

A exposición reunirá 40 retratos que reflexan momentos diversos da vida cotiá. En cada un deses retratos pódese observar o diálogo non verbal que existe e que trasmite cada mirada, algo primario

En cada unha das obras veremos a habilidade do fotógrafo para captar a esencia das personas a través da fotografía en situacións variadas, xestos, miradas…

 

CARLOS TEMES

Este fotógrafo xa leva moitos anos fotografando Trives, a súa paisaxe, cultura e xentes. Cada anos témolo presente polas rúas do noso concello capturando coa súa cámara cada momento, cada recuncho, cada festa ou romaría… Gran parte do seu traballo comparteo con todos nós na súa páxina web www.meutrives.com.

A fotografía é unha das súas grandes afeccións. Temes aínda nunca fixera ningunha exposición en Trives e cheo de ilusión estrénase con esta colección de retratos, mentres xa está barallando a posibilidade de continuar mostrando as súas obras máis adiante con outro tipo de exposición, sempre con Trives como fío conductor, na liña de achegar ás xentes do lugar unha visión do paso do tempo a través das súas obras.

 

Animámosvos a todos e todas a que pasedes pola sala de exposición de Santa Leonor para gozar desta escolma de retratos elexidos polo autor para esta mostra.