Entroido de Verán. Trives

7 agosto, 2018
Entroido de Verán. Trives

No segundo día do entroido de verán, o concello de Trives ofrécenos unha serie de interesantes actividades. Ben cediño, as 11:00h producirase a apertura da feira de artesanía no casco vello. Posteriormente, as 12:00h será o IV campionato de billarda na finca barreira. E para amenizar a velada nocturna tocará o grupo Los Íñigos na praza Dr. Paz.