Curso de WhatsApp para Adultos . Trives

25 octubre, 2017
Curso de WhatsApp para Adultos . Trives
Cuando:
13 noviembre, 2017 a las 17:30 – 18:30
2017-11-13T17:30:00+01:00
2017-11-13T18:30:00+01:00
Donde:
Sala de reunións do edificio novo do Concello de Trives

CURSO DE INICIACIÓN AO MANEXO DO WHATSAPP

(para adultos)

 

Data: 13 e 15 de Novembro (luns e mércores)

Lugar: Sala de reunións do edificio novo do Concello

Hora: de 17:30h. a 18:30h.

O manexo das novas tecnoloxías vólvese unha habilidade indispensable para comunicarnos no mundo actual: o correo electrónico, o chat, Skype, Facebook, WhatsApp, entre outros, forman parte da conectividade familiar. Internet proporciónanos unha mellor calidade de vida e é unha oportunidade para vencer o illamento nos máis maiores.

Os días 13 e 15 de novembro, dende o Concello da Pobra de Trives levarase a cabo un curso que desenvolverá o manexo do WhatsApp. Os máis vellos son os que están máis afastados dese mundo. O asunto é que tamén viven nel e deben adaptarse para que a propia tecnoloxía non os “desterre” da sociedade.

Os adultos poden aprender a manexar a tecnoloxía e, de feito, xa o fan.

Obxectivos: Aprender a usar whatsapp, poder “chatear” todo o tempo que queiran con calquera persoa que estea nos seus contactos ou enviar e recibir fotos. Ademais de estar actualizado a par dos seus netos e fillos para estar máis conectados con eles, informado das novas tecnoloxías de hoxe e totalmente actualizado.

Requisitos: Ter un Smartphone.

Este curso está dirixido a adultos

Inscricións: Debes inscribirte na Oficina de Turismo antes do 8 de novembro deixando o teu nome, apelidos, idade e número de teléfono.