Curso de iniciación á escalada. O Barco

22 enero, 2018
Curso de iniciación á escalada. O Barco
Cuando:
17 febrero, 2018 a las 10:00 – 19:00
2018-02-17T10:00:00+01:00
2018-02-17T19:00:00+01:00
Donde:
Pavillón Municipal de Calabagueiros
Contacto:
Club Peña Trevinca

O Club Peña Trevinca Barco organiza un Curso de iniciación á escalada que terá lugar o próximo día 17 de febreiro no Pavillón Municipal de Calabagueiros do Barco (2 grupos pola mañá das 10:00 as 13:00 horas, 2 grupos pola tarde das 16:00 a 19:00 horas). Un total de 32 prazas adxudicaranse por rigoroso orde de inscripción e deberán formalizarse na oficiña do clube do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro (martes, xoves e venres de 20:00 a 21:00 horas). Tamén a través de chamada ou whatsapp: 698 16 22 73.

A matrícula inclúe 1,5 horas de curso con monitor de escalada para a realización de actividades según nivel e coñecementos do participante. A edad mínima para poder participar é de 8 anos cumpridos antes da fecha do evento. Os prezos, os seguintes:

A) Menores de 18 anos: 3 euros.

B) Maiores de 18 anos: 6 euros.

Para os socios do clube, esta actividade é gratuita.

Documentación para formalizar a inscrición: Fotocopia do DNI do interesado ou libro de familia no que figure a data de nacemento, copia do DNI do titor en caso de ser menor e copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a. Os maiores só necesitarán unha fotocopia do DNI.