Conferencia. Vilamartín

6 noviembre, 2018
Conferencia. Vilamartín
Cuando:
10 noviembre, 2018 a las 10:30
2018-11-10T10:30:00+01:00
2018-11-10T10:45:00+01:00

Dada a problemática que se nos aveciña, pola invasión da vespa velutina, xa se retiraron ou neutralizaron 19 niños  na comarca de Valdeorras, en Quiroga un montón.

A Asociación Valdeorresa de Apicultores, vai  impartir unha formación, o día 10 de Novembro, Sábado, ás 10,30 horas da mañá no edificio Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras,  impartida por Lolo Andrade. Técnico de Protección Civil de Cambre. Entomólogo, quen charlará sobre a destrución, neutralización ou retirada de niños de Vespa Velutina, así como a protección individual e do medio ambiente.

Rógase a máxima difusión  e asistencia o acto de esta formación a todo o persoal do seu concello que teña que ver co tema, Protección Civil, GES, Policía Municipal e operarios,  e en xeral os veciños  porque non somos conscientes do problema que se nos aveciña.