Cine. O Barco

10 mayo, 2019
Cine. O Barco
Cuando:
15 mayo, 2019 a las 19:00 – 22:30
2019-05-15T19:00:00+02:00
2019-05-15T22:30:00+02:00
Donde:
Teatro Lauro Olmo

Trinta Lumes (2018) é o filme de Diana Toucedo que poderá verse no TLO o próximo 15 de maio, dentro da Semana das Letras Galegas, en sesións de 19 e 21 horas, con entrada de balde. Trátase dun documental rodado no Courel que aborda a situación do rural desde a visión dunha nena.

Alba ten doce anos, vive no Courel e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entra en casas abandonadas, percorre pobos destruídos e adéntrase no interior dunhas montañas que agochan outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

D’A Film Festival 2018 (Premio da Crítica), Filmadrid 2018 (Mellor Longametraxe Días de Cine), Cinespaña Toulouse (Mellor Fotografía), REC Tarragona 2018 (Premio do Xurado Mozo), Novos Cinemas 2018 (Premio do Público), Premios Feroz 2019 (Nomeado a Mellor Documental), Premios Gaudí 2018 (Nomeado a Mellor Documental), Mestre Mateo 2018 (Nomeado a Mellor Documental)