50.000 euros para o acondicionamiento de varias estradas en O Bolo

24 mayo, 2016
50.000 euros para o acondicionamiento de varias estradas en O Bolo

A Xunta colaborará co Concello do Bolo a través do investimento de case 50.000 euros no acondicionamento de varias estradas deste municipio. Así se recolle no convenio de colaboración que esta mañá a asinaron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo, co que o Goberno galego pretende contribuír ao desenvolvemento do rural.

A través deste acordo, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda financiará distintas actuacións en varios camiños deste municipio danados pola climatoloxía adversa dos últimos meses, concretamente, nas localidades de Santa Cruz, Lentellais, Celavente e As Ermidas. Coas accións programadas ofrecerán maior seguridade aos vehículos que circulan por eles.

As actuacións, que o Concello do Bolo deberá executar ao longo deste ano, consisten, basicamente, na reparación das fochancas e o asfaltado dos camiños destas áreas. Nos camiños de Celavente, ademais de actuar no asfalto, executarase unha soleira de formigón armado e no camiño das Ermidas tamén se reparará un muro de pedra e substutuirase a tubaxe de saneamento.

También te puede interesar