Enrique Á. Barreiro: «Saldada a deuda do Concello, agora poderemos facer máis cousas»

20 marzo, 2019 ACTUALIDAD , VILAMARTÍN
Enrique Á. Barreiro: «Saldada a deuda do Concello, agora poderemos facer máis cousas»

O actual alcalde socialista de Vilamartín preséntase á reelección satisfeito polas cousas feitas neste tempo, tras superar as débedas herdadas do anterior goberno popular

«Case deixou de ser un novo reto, empeza xa a ser vello porque é a terceira vez, pero sempre con ilusión dende o momento que decides que te presentas outra vez». Así conta Enrique Álvarez Barreiro que é, xunto cos membros do grupo de goberno municipal de Vilamartín de Valdeorras, «dese tipo de xente que se viñemos é porque queremos facer cousas». De seguido expresa ademáis, que «agora é cando temos conseguido eliminar esa deuda tan complexa que tiña o Concello, cando chegamos hai oito anos atrás».

1.600.000 euros era a cifra total desa deuda, «moi importante para o noso Concello sobre todo pensando no presuposto que manexamos, de arredor de 1.500.000 euros», explica o actual alcalde do municipio. Esta xestión foi, segundo conta, a máis traballada, e a máis sentida, porque «imaxínate qué se podía ter feito con ese diñeiro invertido en obras que tanto necesita este concello».

Agora que o Concello está a 200.000 euros de saldar contas, «cun remante que pode ser utilizado para saldar a deuda por completo», a ilusión de Álvarez Barreiro pasa por «comezar a facer máis cousas», a maiores das que se fixeron, tentando poñer en valor os pobos e invertindo neles porque merece a pena.

Outro dos logros acadados nestes anos, e do que particularmente o actual alcalde de Vilamartín se sinte satisfeito, e de ter conseguido que o Concello esté máis preto dos veciños. «Que non o vexan coma algo alleo, que podan vir e manifestarse, iso é importante», explica. Ata a entrada do grupo socialista, «no Concello non se podían dicir as cousas», segundo explica, algo que conseguiron eliminar.

Enrique Álvarez Barreiro afronta esta nova presentación coma candidato á alcaldía de Vilamartín «pensando que o futuro é interesante» e cunha firme aposta pola defensa da estrada que conduce ao pobo de San Vicente, «algo que non está nas nosas mans pero que seguiremos igualmente reivindicando e iremos onde faga falta cos veciños».

Se queres escoitar a entrevista completa a Enrique Álvarez Barreiro, fai click na seguinte ligazón:

También te puede interesar