En Marea asina hoxe un acordo de colaboración «intermareal» en Manzaneda

18 octubre, 2018 ACTUALIDAD , MANZANEDA
En Marea asina hoxe un acordo de colaboración «intermareal» en Manzaneda

Hoxe a partires das 20.30 horas, o salón de actos do concello de Manzaneda vai acoller un encontro público intermareal para asinar o acordo de colaboración entre as mareas municipalistas Son de Manzaneda, Son de Trives, e En Marea. O parlamentario de En Marea, Davide Rodríguez, explica que se trata dunha sinatura «para establecer canles de colaboración que están a crear por toda Galicia». O obxectivo, achegar as tomas de decisión ao municipalismo. «Ímonos achegando a uns procesos electorais e pensamos que, para crecer como organización, o centro de decisión debe estar nas políticas municipais, é algo que levo arraigado pola miña anterior etapa como alcalde», explicou Rodríguez.

Conta o diputado de En Marea no Parlamento Galego que «o desafío das próximas eleccións» encárano con grandes alcaldías xa consolidadas «como son Compostela, Ferrol e A Coruña, pero tamén con moitas alcaldías e concellarías espalladas pola xeografía galega que encaran esta nova etapa con moita ilusión». Para Davide Rodríguez, esta reunión quere «facer chegar á xente o traballo que se leva feito durante estes tres anos e medio e transmitir esa transversabilidade entre calquer veciño e a organización, ben sexa local ou autonómica», explica. O seu reto será agora, tal e como defende, que «a provincia de Ourense se desfaga dun hándicap moi relevante, a propia Deputación, poñendo freo ás políticas do PP nunha provincia que está a ser a última en emprego, en demografía, e en salarios».

O acto estará aberto ao público que desexe asistir. Para escuchar la entrevista completa a David Rodríguez, haga click en el siguiente enlace:

También te puede interesar