O PP presenta a Álvaro Fernández como novo candidato á alcaldía de A Rúa

5 febrero, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD
O PP presenta a Álvaro Fernández como novo candidato á alcaldía de A Rúa

Álvaro José Fernández López (A Rúa, 1978) liderará o novo proxecto que o Partido Popular presentará no Concello da Rúa nas eleccións locais de maio, apostando por xerar as condicións para que a xente siga a vivir no seu territorio, pero tamén “creando sinerxias entre todos os concellos de Valdeorras, porque se a comarca é forte gañamos todos”. Para o presidente provincial, Manuel Baltar, A Rúa merecer saír da apatía e o candidato será quen de facelo, captando ao electorado máis novo pero tamén ao máis experimentado”.

Vinculado ao ámbito empresarial, Álvaro Fernández chega de novas á política municipal “decidido a devolverlle ao pobo todo o que me deu e para darlle unha volta ao concello, animado pola xente que me expresou o seu apoio para asumir esta responsabilidade, ao igual que desde a xunta local do partido como desde a dirección provincial”. Una proposta para liderar a lista popular que o candidato valorou “polas posibilidades que me ofrece de desenvolver un proxecto político no que será de gran axuda contar co apoio das administracións”.

O candidato afirma que como veciño da Rúa “non vexo ben que vaiamos cara atrás, que esteamos a perder oportunidades de futuro, con menos poboación e menos actividade económica que afecta a todos os sectores”. Fernández define claramente o seu obxectivo desde o ámbito famliar ao sinalar que “aquí teño a miña vida, o meu traballo e a miña familia e desexo que o día de mañá a miña filla poda decidir se quere quedar ou marchar, pero que non teña que irse obrigada pola falta de oportunidades”.

Neste sentido, o candidato asegura que non ve avances de ningún tipo, “mentres socialistas e nacionalistas estanse a repartir o goberno e non se fan as cousas ben”. Moito menos cando se perde poboación “e á xente se lle atrae con empresas que xeren postos de traballo, servizos de calidade e dinamizando un concello como o noso, onde o turismo, incluído o relacionado co viño, ten que xogar un papel importante”.

Para poñer en marcha os seus proxectos de goberno, Fernández López abre as portas á colaboración de todas as persoas que desexen aportar as súas ideas, “xente de valía, con experiencia, preparada para construír y consciente da dedicación que se precisa”.

Con todo, Álvaro Fernández non só pensa en clave municipal, senón que tamén é consciente do importante que é crear sinerxias entre todos os concellos de Valdeorras  “para trabajar en común en proxectos que beneficien aos veciños, máis aínda nunha zona tan alonxada como esta, xa que se a comarca é forte, gañamos todos”.

Manuel Baltar, desde a presidencia provincial, saudou a chegada de Álvaro Fernández e amosou a súa satisfacción pola decisión de incorporarse ao proxecto popular. “Álvaro é unha persoa nova, que chega de fóra da política, que pode aportar moito desde a súa experiencia empresarial, que sabe o que quere para A Rúa e que, por suposto, estará apoiado en todo momento polo partido”.

O candidato, engadiu Baltar, “ten a capacidade de poñer fin a inestabilidade e á falta de obxectivos que se instalou no municipio en todos estes anos”. O apoio que xa tivo ocasión de pulsar no concello “demostra que hai ilusión por cambiar as cousas e para elo de seguro terá un gran equipo detrás, como tamén un proxecto político municipal e de provincia como o noso”.

También te puede interesar