Se te presentas á ABAU, non esquezas o carné e estar ás 9 no IES Cosme López da Rúa

11 junio, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD
Se te presentas á ABAU, non esquezas o carné e estar ás 9 no IES Cosme López da Rúa

Mañá comezan as probas de ABAU en Galicia, o alumnado do oriente ourensá e o instituto de Quiroga examínase na Rúa

A poucas horas de que comecen as probas de Avaliación de Bacharelato para o acceso a universidade, ABAU,  recordamos as instrucións da  Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, para todos os alumnos que se presente a proba.

O primeiro saír da casa co DNI —pasaporte ou permiso de residencia no seu defecto—. Bolígrafo ou pluma, iso si, de tinta azul ou negra e que non se borre. Levar o material axeitado para a realización do exercicio de Debuxo Técnico, os dicionarios  de Latín ou Grego e a calculadora —segundo as materias que cada un teña—.


Publicidad

Hai que estar no IES Cosme López ás 9:00 horas. Se se detecta algún erro na matrícula da  ABAU hai que comunicarllo ao Presidente da Comisión Delegada na hora establecida para a presentación (de 9:00 a 10:00 horas).

No momento da presentación o tribunal asignará un posto de exame a cada alumno, que deberá ocupar en todas as probas.


Publicidad

Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo como fluorescentes ou subliñados en cor. Non observar esta norma pode ser causa da anulación do exame.

Material non permitido

Teléfonos móbiles,  smartwatch ou calquera outro dispositivo electrónico. Non se pode entrar cos devanditos dispositivos (mesmo apagados).


Publicidad

No caso dos reloxos intelixentes, tampouco poden ser utilizados en modo reloxo convencional. A presenza deste material non permitido no posto do exame será motivo de medida disciplinaria — instarase o alumno ou alumna a saír do exame e a cualificación sera de 0 puntos—.

Caderno de exames

En cada unha das probas entregarase a cada estudante un caderno de exame formado por dúas follas A-3 (7 páxinas A-4 en branco) e unha cabeceira adhesiva (portada). Para redactar as respostas o alumnado pode utilizar as 7 páxinas en branco.

En cada exercicio só pódese utilizar un único caderno de exame ao que non se lle poden arrincar nin engadir follas.


Publicidad

Cada exercicio presenta dúas opcións (A ou  B). O alumnado deberá elixir unha delas para realizar a proba, que debe ser marcada cunha X na portada do caderno de exame.

Non se poderá abandonar a aula ata que transcorra media hora do comezo do exame.


Publicidad

Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal para que comprobe que se lle entrega nas condicións debidas. Non se poden deixar encima das mesas.

Se un estudante non se presenta a algún dos exercicios da Parte Obrigatoria da  ABAU, na cualificación correspondente figurará NON PRESENTADO ( NP) pero a efectos do cálculo da Nota Media computará como cero.

Material Permitido

Permítense dicionarios de Latín-Español para o exame de Latín II, permitíndose o uso dos seus apéndices gramaticais pero non das páxinas con contidos literarios ou de evolución do latín ao español. O mesmo para o exame de Grego II, cun dicionario Grego-Español.


Publicidad

A calculadora poderanse utilizar exclusivamente nos exercicios de Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Física, Química e Economía da Empresa. Non se poden utilizar calculadoras  programables, que dispoñan de pantalla gráfica ou permitan a resolución de ecuacións ou operacións con matrices, cálculo de determinantes, cálculo de derivadas ou integrais. Tampouco poderán almacenar datos alfanuméricos. Non pode haber nada escrito nas calculadoras ou nas súas fundas. En caso de dúbida, o Tribunal pode revisar a calculadora para valorala.

En Valdeorras todos os anos hai un grande número de aprobados, agardamos que este ano sexa igual.

También te puede interesar