É tempo de Entroido!

18 febrero, 2020 ACTUALIDAD , ENTROIDO 2020 , O BARCO
É tempo de Entroido!

Os celadores de celadoras do Hospital Público de Valdeorras adiántase á celebración do Entroido cunha comida de confraternización

É tempo de Entroido, de cor, de festa, de máscaras, de perrucas, de ser que che gustaría ser , de xornadas de entroido, de orellas, de flores, de filloas e de cocido. Os amigos xúntase para darse boas papárotadas e os compañeiros de traballo tamén.

As portas do Xoves de Comadres ou Xoves da Lardeira —como lle chaman nas terras altas da contorna—, este grupo de celadores e celadoras do Hospital Público Valdeorras quedaron para iso, para estar xuntos ao redor dunha mesa, desfrutando dos sabores do Entroido e tamén pondo cor ás súas testas con vistosas perrucas.

As Xornadas gastronómicas do Entroido comezan o 20 de febreiro e alongaranse até o 25 pero eles decidiron non esperar ,e hoxe  martes 18 de febreiro decidiron saír a correr e comer o Carnaval porque, é tempo de Entroido!

También te puede interesar