Dúas rutas para a BTT Trevinca da Veiga

20 septiembre, 2019
Dúas rutas para a BTT Trevinca da Veiga

A proba de ciclismo de montaña celebrarase o 29 de setembro no Concello da Veiga

A terceira edición da BTT Trevinca que se celebrará o vindeiro 29 de setembro na Veiga, ofrecerá dúas posibles rutas aos partcipantes. Unha de 32 quilómetros e outra de 60. Ambas achegarán aos participantes a beleza paisaxística da contorna.

A proba deportivapresentouse esta mañá no Pazo Provincial. No acto participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o presidente de Movents Sports, David Álvarez.


Publicidad

A saída e a chegada estará ubicada na Veiga, sendo o percorrido da ruta curta de 32 quilómetros que pasarán por A Veiga, Baños, Xares, Seoane, Valdin, Corzos e volve a Veiga; e a ruta longa, cun percorrido de 60 quilómetros, pasará polas mesmas localidades pero despois de Corzos irá a Santa Cristina, Prada, Candeda, Castromarigo, Casdenodres e volve a Veiga. «A BTT vai a transcorrer por pobos preciosos que teñen unha arquitectura que é todo un referente, polos picos máis altos de Galicia e polo lado do Observatorio para que a xente xa vexa toda a estrutura que está rematada e que a inicios do vindeiro ano comezará a súa actividade», explicou Juan Anta.

O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que esta proba, que pretende converterse nun referente na competición do ciclismo de montaña, pon en valor «o noso territorio e contribúe a dinamizar o rural, cun evento que aglutina turismo, deporte e natureza». Neste mesmo sentido, o alcalde da Veiga dixo que continuará a apostar polo «turismo sostible e polos eventos de montaña, a mellor oferta que lle podemos facer a tódo os galegos que visitan o noso municipio».

David Álvarez dixo que a gran novidade pola que apostaron a futuro é que «vai a ser a primeira proba na provincia de Ourense que vai a ser marcada con GPS, medida coa que ganamos en seguridade e reafirmamos o noso compromiso co medio ambiente e o respecto ao entorno». Asemade, o presidente de Movents Sports sinalou que a peculiaridade desta edición é que «contaremos co galego Brandán Márquez Fernández, actual campión de Iron Bike Italia, a proba de MTB máis dura e extrema do mundo. Brandán Márquez foi varias veces campión de España e vén á BTT Trevinca para preparar a súa participación na Crocodile Trophy, que terá lugar en outubro en Australia».


Publicidad

Os interesados en participar na BTT Trevinca poderán anotarse na proba por 25 euros, excepto as 50 primeiras inscricións que teñen un custe de 18 euros, ata cubrir as 300 prazas ofertadas. A entrega de dorsais será na praza do Concello ás 8.30 horas e a saída da proba será ás 9.30 horas.

También te puede interesar