Dous gansos, novos gardiáns do río Sil

11 agosto, 2019 ACTUALIDAD
Dous gansos, novos gardiáns do río Sil

Unha parella deste animal leva unha tempada asentada xunto ó río no Barco. E parece que queren quedar

Se buscan unha zona onde bañarse no Sil ó seu paso polo Barco, mellor escollan unha que non sexa a rúa Real. Dous gansos bravos (ocas en castelán) teñen atemorizado xa algunha vez ós bañistas que se atreven a achegarse ó seu territorio.


Publicidad

A parella de anátidos estableceuse dende fai unha tempada na ribeira do río á altura da devandita rúa, un espazo que é empregado ocasionalmente por bañistas que prefiren a calma e tranquilidade dese enclave ante os máis frecuentados cachón e a praia fluvial.

Si te achegas á oca ven o ganso inmediatamente a poñer orde para que non des un paso máis

Pero esa calma e tranquilidade víronse crebadas polo establecemento das aves. Os gansos bravos son animais considerados moi territoriais e agresivos. Ese é o motivo polo que non poucos donos de fincas teñen gansos bravos nos seus terreos. Ante a potencial ameaza, o seu poderoso grallo é quen de alertar ó propietario e de espantar ó intruso.


Publicidad

Iso non quita que o seu porte e andar fagan as delicias dos barquenses. A simpatía natural que espertan cando están calmas convértenas, en moitas ocasións, no punto ó que se dirixen os obxectivos de cámaras e móbiles de curiosos.

O ganso coida da femia en cada momento

Existe unha lenda moi popular sobre a territorialidade do ganso que perdurou por milenios. Conta que, cando os galos asaltaron a cidade de Roma no século IV a.C, foron os gansos e non os cans os que advertiron ós romanos de que o exército invasor estaba a saquear a cidade.


Publicidad

Sexa certa a lenda ou non, o que é verdade é que esta parella de gansos bravos –adoitan botar parella para toda a súa vida- parece ben asentada neste curruncho do curso fluvial. Aí seguen, vixiantes. Por se os galos -ou vostede- se achegan.

Eso é o que ocorre cando te achegas demasiado

Texto de Isaac Cruz

Fotos de Sonia Rodríguez

También te puede interesar