Domingo Diéguez: «Este verán xa poderíamos ter as piscinas en marcha»

27 enero, 2019 ACTUALIDAD , AUDIO , TRIVES
Domingo Diéguez: «Este verán xa poderíamos ter as piscinas en marcha»

Comezado xa o 2019, o Concello de Trives comeza a levar a cabo os proxectos marcados na folla de ruta para o novo ano. O primeiro do que fala o alcalde, Domingo Diéguez, a posta en marcha das piscinas municipais «un proxecto necesario e importante para o concello e do que se acaba de presentar o proxecto por parte da Deputación Provincial, cunha inversión inicial de 150.000 euros». Tras o anuncio, o rexidor quere agora «apremiar á Deputación para que contrate a obra e poidamos disfrutar delas este verán».

En total, o ente provincial aportaría 300.000 euros divididos den dúas fases, diñeiro que se emplearía en correxir «o estado de deterioro avanzado no que se atopan tras máis de 40 anos de antigüedade sin facer ningunha mellora», explica o alcalde.

Ademáis deste proxecto, Diéguez quere dar solución «ós múltiples problemas que temos no alumbrado público». Despois de dous anos agardando unha subvención solicitada ó IDAE que non chega, o equipo de goberno «traballa na posibilidade de externalizar o servizo contratando unha empresa de servicios enerxéticos que realice unha inversión inmediata e poña solucións ós problemas, mentres nós vamos pagando esa inversión co aforro conseguido na reforma», conta.

A premura na realización das obras está en que «non podemos seguir esperando pola solución do IDAE», conta o alcalde, e explica que, desta maneira, «poderíamos amortizar inversión con esta empresa que saia dun concurso público, unha vez se nos conceda a tan esperada subvención».

A necesidade ven, «non tanto polo aforro enerxético, porque temos colocado moitas bombillas de baixo consumo, senón polo deterioro da rede enteira de alumbrado». Segundo Domingo Diéguez, «nas aldeas temos un alumbrado deteriorado, un abandono total e absoluto, apoios en madeira que se están pudrindo, apoios en ferro que están oxidados, cuadros que non cumpren a normativa, etc.».

Ao IDAE, o Concello de Trives solicitoulle 100.000 euros. De concederse, a Diputación aportaría ese 20% que se lles esixe ós Concellos aportar.

Obras para 2019

Detaca el alcalde de Trives unha obra «moi necesaria para o concello», a renovación da cuberta do patio do colexio de primaria, para á que a Xunta aportará a cantidade de 170.000 euros. Da Deputación sairán sen embargo os cartos para dúas obras destacadas, a pavimentación con aglomerado da rúa San Martín, no entorno la Praza de Abastos, por un custe de 48.000 euros, e a pavimentación da avenida Deputación, polo mesmo importe ca anterior.

A suliñar, o kilómetro de estrada que vai a Chandrexa e a estación de montaña, para o que a Deputación comezou xa as expropiacións co obxectivo de pavimentalo, «o que mellorará a seguridade e as comunicacións». Para o alcalde «é vergonzoso que ese kilómetro esté sen executar; sinto alivio por fin pola vontade mostrada pola Deputación, aportando 48.000 euros para arranxalo».

Para escoitar a entrevista completa a Domingo Diéguez, alcalde de Trives, na seguinte ligazón:

También te puede interesar