Domingo Diéguez elexido por Baltar como cabeza de lista do PP en Trives

28 enero, 2019
Domingo Diéguez elexido por Baltar como cabeza de lista do PP en Trives

A Agrupación Trivesa Independente intégrase no grupo popular tras oito anos gobernando o municipio

Domingo Diéguez González (Chandrexa de Queixa, 1967) encabezará a lista do Partido Popular no Concello da Pobra de Trives nas eleccións de maio, o cal supón a integración no PP da Agrupación Trivesa Independente que neste momento goberna na localidade. A súa presentación foi feita polo propio Manuel Baltar, presidente da Deputación e do PP de Ourense.

Diéguez é alcalde dende hai algo máis dun ano, trala dimisión de Francisco José Fernández quen, co seu grupo ATI, chegara á alcaldía no 2007 e un ano máis tarde fora desprazado do goberno por unha moción de censura do PP co apoio de dous tránsfugas do PSOE. Nas eleccións de 2011 ATI e Fernández recuperaron a alcaldía e en decembro de 2017 dimitiu, sendo escollido como alcalde Domingo Diéguez, quen agora lidera a candidatura do PP.

Domingo Diéguez suma once anos como concelleiro e un como alcalde tempo no que segundo Manuel Baltar, presidente do PP ourensán «fixo unha eficaz xestión reivindicando sempre o mellor para Trives». Na súa presentación como candidato Diéguez asegurou que «non pedimos grandes obras nin proxectos senón a dotación de infraestruturas, servizos e equipamentos que melloren a calidade de vida dos nosos veciños nas vintedúas aldeas do Concello”. Con todo, destacou a necesidade de realizar melloras no polideportivo, na piscina, na Casa da Cultura ou abordar a eficiencia enerxética do alumeado en todo o municipio.

También te puede interesar