A DO Valdeorras triunfa casi en solitario en la San Sebastián Gastronomika

11 octubre, 2018 ACTUALIDAD
A DO Valdeorras triunfa casi en solitario en la San Sebastián Gastronomika

Coñecíamos esta semana que a DO Valdeorras participaba nunha feira de referencia nacional e internacional, a San Sebastián Gastronómika, onde o facía cun stand propio e cun total de 21 bodegas participantes amparadas baixo o selo do Consello Regulador. Tras cuatro anos asistindo á cita, o seu presidente, José Luis García Pando considera que se trata dunha cita xa consolidada na que se da a cincunstancia de que o da DO Valdeorras «é o único stand de viño denominación de orixe en toda a feira».

Apuntou García Pando que «eso fai que cando a xente quere probar un viño acuda a nós porque é certo que había outros stands máis xerais, pero no noso podíanse probar as referencias». Explica que noutras ocasións a DO acude a citas máis específicas nas que a oferta é tan grande que a xente pérdese un pouco, e sen embargo esta feira é ao revés, case non lles queda máis remedio que pasar por alí».

Explica o presidente que a experiencia sempre resulta moi positiva «porque nos movemos entre xente profesional da hostelería que está buscando cousas novas, e se acerca aos stands de viños que complementan a oferta gastronómica». Unha labor importante de comunicación que a DO segue a realizar a pesares de que «a maior parte dos asistentes coñecían os nosos brancos, pero non os tintos, e foi unha sorpresa agradable ver que son considerados tintos de prestixio en cuanto á calidade».

O feito de que realmente a asistencia a esta cita foi un éxito rotundo é que, tal e como conta García Pando, nun momento dado «tivemos que reservar viño», rematando os tres días de convocatoria sen ningunha botella por abrir.

También te puede interesar