A DO e o Clúster da Pizarra firman un convenio coa Galicia Business School

9 marzo, 2017
A DO e o Clúster da Pizarra firman un convenio coa Galicia Business School
Publicidad

Dunha banda o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e doutra o Clúster da Pizarra de Galicia, asinaron un acordo de colaboración coa Galicia Bussiness School no cal os membros do sector vitivinícola de Valdeorras e os membros do sector da lousa pertencentes ao Clúster da Pizarra terán acceso, mediante condicións preferentes, aos contidos formativos impartidos por esta escola de negocios.

Os presidentes de ambas entidades, Francisco García Álvarez, da DO, e  Víctor Cobo, do Clúster da Pizarra reunironse por separado co  director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, para asinar este convenio co que se comprometen a realizar conxuntamente unha serie de actividades docentes que beneficien a ambas as partes.

A Galicia Business School é un centro enfocado, por unha parte ao desenvolvemento de programas docentes e formativos orientados á integración dos máis novos no eido da empresa, e a fomentar a actualización do desenvolvemento directivo de profesionais vinculados a diferentes eidos de actividade, pola outra.

No marco deste convenio, que terá un ano de duración, ofrécense bolsas-desconto do 10% sobre o prezo total dos programas impartidos pola Galicia Business School tanto para os profesionais do sector vitivinícola da comarca que desenvolvan a súa actividade baixo o selo do Consello Regulador, como tamén para os profesionais do sector da lousa que pertenzan ao Clúster da Pizarra.

Adicionalmente, Galicia Business School destinará o 5% do importe total de cada matriculado procedente do Clúster ou do Consello Regulador, nalgún dos seus programas formativos. O fondo resultante poderá ser empregado polas entidades valdeorresas no desenvolvemento de accións docentes deseñadas para os seus asociados, ou ben empregarse para favorecer a asistencia dos empregados ou asociados aos programas abertos que ofrece esta escola.

 

También te puede interesar