Días Mouteira bríndalle a colaboración a Amable Fernández para seguir a avanzar no progreso

5 agosto, 2019 ACTUALIDAD , MANZANEDA
Días Mouteira bríndalle a colaboración a Amable Fernández para seguir a avanzar no progreso

As diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Manzaneda máis de 600.000 euros en materia de subvencións

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo alcalde do concello ourensán de Manzaneda, Amable Fernández Basalo. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira ao elixido recentemente alcalde deste municipio, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.


Publicidad

Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Marisol Díaz iniciou logo da constitución das corporacións locais co  fin de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que o Goberno galego está a desenvolver neles.

A representante do Executivo autonómico en Ourense brindoulle ao novo rexedor toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán. Así, analizaron  os proxectos que este concello ten solicitados diante da Xunta para os próximos meses e o seu estado de tramitación.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de preto dun millón de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Manzaneda máis de 600.000 euros en materia de subvencións; 260.000  euros en convenios; e máis de 100.000 euros pertencentes a outras actuacións.


Publicidad

Así, a delegada territorial subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a creación dunha Casa Niño, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, mellora de camiños rurais, intervencións de mellora da paisaxe en zonas da Rede Natura, mellora de infraestruturas turísticas, e a posta en marcha de obradoiros de emprego conxuntamente con outros municipios, entre outras actuacións.

Finalmente, Díaz Mouteira insistiu nas “vantaxes da colaboración entre as distintas institucións, xa que sumando esforzos pódense levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”

También te puede interesar