Día das Letras con lectura popular en galego

17 mayo, 2017
Publicidad

A Asociación Vagalume está a celebrar o Día das Letras Galegas co maratón de lectura que terá lugar ata ás 19.00 horas na Praza do Concello do Barco.


O autor valdeorrés David Daniel Vázquez Álvarez, xunto co alcalde barquense, Alfredo García e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, foron os encargados de abrir este evento que ten como figura central a Carlos Casares, o autor galego a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas.
O acto tamén serviu para continuar coa reivindicación valdeorresa de que Florencio Delgado Gurriarán sexa o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2019. Lectores de todas as idades esperan a súa quenda para ler un fragmento de grandes textos galegos. Os máis pequenos, axudados polos adultos, interpretan os libros que os inician na lectura.
Todos os que se acheguen poderán ler un fragmento da obra que eles elixan, nunha actividade que os organizadores esperan que teña continuidade ata ben entrada a tarde.
Para participar, basta con achegarse ata a praza e recoller un cartón onde se indica a qué hora ler. Como recordo, ademais, os participantes levarán un agasallo.
Ademais, nesta ocasión, e para incentivar a participación, as persoas que se inscriban en grupos recibirán un agradecemento económico.

También te puede interesar