Día da Patria adiantado no campo de San Roque (A Rúa)

20 julio, 2019 ACTUALIDAD

María González Albert e Xosé Luis Rivas «Mini» interviñan no acto que reuniu a simpatizantes e dirixentes do BNG da comarca

A Festa da Patria celebrábase no campo de San Roque, na Rúa. O venres, 19 de xullo, e como acto previo ao 25 de xullo, xuntábanse ao pé da capela de san Roque dirixentes do BNG da comarca coma María González Albert, concelleira do BNG da Rúa ou Suso Vilasánchez , concelleiro no Barco de Valdeorras así como simpatizantes desta formación política.

Tras uns viños, refrescos e petiscos ao redor das dez da noite María Albert dirixíase aos presentes para facer un pequeno balance no acontecido no concello da Rúa nas eleccións Municipais e tamén significou o que se ten acadado nestes anos no nacionalismo.

Se queres escoitar o que falou María González Albert, dálle a seguinte ligazón:

Outro dos intervintes foi  Xosé Luis Rivas « Mini», deputado no Parlamento galego, que falou aos presentes da igualdade entre xentes e entre linguas. Recalcou que o nacionalismo constrúese entre todos. Despois das súas verbas púxolle música a celebración.

Se queres escoitar a música e o que dixo Mini, dálle a seguinte ligazón:

Vídeo da actuación de Mii ao pé da capela do san Roque:

También te puede interesar