Día da bici no Concello de Trives

6 agosto, 2018
Día da bici no Concello de Trives
Día da bici no Concello de Trives
Día da bici no Concello de Trives

O domingo 5 de agosto foi unha xornada cargada de deporte para os habitantes de Trives. Era o día da bici. Unha actividade adicada aos nenos, e non tan nenos, coa fin de que fagan deporte e se divirtan.

A ruta pensada constaba de dous percorridos: un de 500 metros para os nenos de 0 a 9 anos e outra de tres quilómetros para os nenos de 10 anos en adiante. Remedios Martínez, a técnica de turismo do Concello de Trives dinos que a pesar da calor houbo moitísima participación, 150 persoas en total.

Ao rematar a carreira, chegaría o momento do sorteo de dúas bicicletas que serían entregadas polo alcalde trivés. A técnica de turismo apunta tamén, que nada sería posible sen a organización de Tino Sierra e Belén Fernández Corbacho. Ademáis da axuda de protección civil e a policía local.

También te puede interesar