Debuxando o Camiño de Inverno nunha camiseta

2 julio, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO
Debuxando o Camiño de Inverno nunha camiseta

Cada ano, Josep, un peregrino de Lleida, Cataluña, escolle unha ruta para chegar a Santiago e se lanza á aventura de recorrela enteira. De aquelo que máis lle chama a atención por onde vai pasando, fai un debuxo na mesma camiseta. Así, botándolle unha ollada, non é difícil averiguar onde pasou o peregrino a noite antes de continuar facendo etapa: A Rúa abriulle as portas da hospitalidade.

Dende a Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, contan que o punto de partida é o primeiro debuxo que fai en tódalas camisetas, o do conxunto monumental de la catedral de Lleida, a Seu Vella. De feito, neste Camiño a súa intención é unirse á Ribeira Sacra a través de irmanamento para que esta catedral sexa patrimonio da humanidade. Para Josep, éste é o xeito que él atopa de devolverlle ao Camiño Xacobeo o que o Camiño lle da para a súa saúde.

Nalgún momento da súa vida, espera Josep facer unha exposición con tódalas camisetas que acumula.

Foto cedida: Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras.

También te puede interesar