A cultura a través dos máis pequenos, chave para manter a tradición

5 octubre, 2020
A cultura a través dos máis pequenos, chave para manter a tradición
Publicidad

O músico afincado en Ourense busca a través das novas xeracións manter viva a cultura tradicional

O Concello do Bolo acolle un ano máis a Escola de Gaitas e música tradicional a cargo de Marco Foxo, fillo do director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xose Lois Foxo.

A pesar da sombra do Coronavirus, continúan a traballar na cultura, facendo un esforzo tanto alumnos como mestres empregando as medidas necesarias para manter viva a música tradicional.

Publicidad

Por elo os venres ensaian no CEIP do Bolo, nunha actividade que forma parte do horario extraescolar, mentres que os sábados de forma puntual acoden ata Chandoiro tamén para facer clases.

Actualmente son 14 nenos e nenas con edades comprendidas entre os 8 e 15 anos, ademáis en actividades puntuais súmanse varias persoas máis. O instrumento principal nas clases e a gaita, pero tamén tócase o bombo, timbal, tambor e a pandeireta, este último instrumento a cargo de Lucía Calviño.

O mestre Marco Foxo desprázase todas as semanas dende a cidade de Ourense, nestes intres que a próxima semana haxa clases e toda unha incógnita debido as posibles restriccións na capital provincial, a pesar diso, o músico destaca que se é necesario pausarán as clases, pero en ningún momento as cancelarán debido a ilusión que teñen todos os participantes.

Os participantes nas actividades deben cumprir con todas as normas sanitarias vixentes

En principio o vindeiro luns 12 de outubro está programada unha pequena actuación de 15, 20 minutos, na Granxa, no pobo de Lentellais, ademáis tratarán de participar no Certame Celtibérico de Gaitas si se pode levar a cabo.

Se desexa escoitar todo o que salientou Marco Foxo, pode facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar